Casamos!

Laura e Jorge xuntos

Ola! Benvidos á web sobre a nosa voda 🥰 Aquí poderedes encontrar toda a información relacionada co evento, incluíndo lugar, hora, como chegar, onde durmir… Por favor, tende paciencia e pensade que estamos empezando con isto, polo que iremos completando os detalles segundo os vaiamos tendo. Para calquera tema ou consulta, contactade connosco vía WhatsApp e iremos engadindo as dúbidas a esta web, de forma que sexa accesíbel para todo o mundo.

Información básica

Cando e onde

Data: venres 18 de abril de 2025 (Venres Santo)

Horario: por determinar (tipo de mediodía a medianoite)

Lugar: La Hacienda de La Llorea Golf, Xixón (Asturies)

Clima: Fresco. O clima en Asturies é húmido pola súa proximidade á costa. As temperaturas durante o mes de abril móvense entre 8ºC e º6ºC, e estímanse uns 3-8 días de choiva durante todo o mes.

Outras consideracións: No lugar do evento non se vende tabaco. Se vas querer fumar, terás que traer abondo para que che dure todo o día.

Lúa de mel

Imos para Xapón!

Xapón

Regalos

Se queredes poñer o voso granciño de area e axudarnos un pouco coa voda (…ou co sushi de Toquio), podedes facer un ingreso na seguinte conta corrente:

Prometemos subir algunha foto despois 😃

Aloxamento

Xixón

Recomendamos aloxárdevos en Xixón por proximidade e porque é unha cidade con todas as comodidades (e a nosa casa 😊). Ata a Hacienda de la Llorea (desde o centro da cidade) tárdase apenas 15 minutos en coche, uns 16€ en taxi.

É unha cidade pequeniña e camiñábel, mais aínda así tendes varias opcións segundo a vosa prioridade. Algúns exemplos:

Transporte urbano

O bus urbano non chega ata a Hacienda, pero dentro da cidade é moi cómodo moverse con el, podedes pagalo no momento con efectivo ou tarxeta.

OLLO: A aplicación de Google Maps non é moi precisa cos buses urbanos, polo que vos recomendamos descargar Gijón EMTUSA (Android / iOS), a aplicación propia da compañía onde se ven tanto os mapas dos buses como as liñas e os tempos.

Villaviciosa

Con todo, o lugar da celebración tamén está perto de Villaviciosa, unha vila ideal pola súa tranquilidade e que conta con tradición de Semana Santa, para aqueles interesados nas procesións desas datas. Tanto a distancia en coche como o prezo dun taxi ata a Hacienda son similares a Xixón, 15 min e uns 15-20€.

Na web de turismo de Villaviciosa tedes un listado de hoteis no concello.

Perto do recinto

Perto da cerimonia encóntrase o Hotel OCA Palacio de La Llorea & SPA **** (con acceso a pé ao recinto) e o Hotel ARTIEM Asturias *****, a un par de minutos. Máis convenientes pero talvez máis caros.

Aloxamentos alternativos

Ao estar a Hacienda perto do núcleo rural dos concellos de Xixón e Villaviciosa, hai varias casas rurais polas inmediacións. Recomendámosvos esta opción só se vides no voso propio coche e buscades algo máis relaxado, xa que a comunicación é un pouco máis complicada.

Tamén en barrios periféricos de Xixón encontraredes as denominadas Vivendas Vacacionais, que en moitos casos, ao igual que as casas rurais, son unha boa alternativa para grupos un pouco máis grandes.

Como chegar

Xixón é un concello da Comunidade Autónoma de Asturias, situada no norte de España. Caracterízase polas súas paisaxes verdes e orografía, que permiten moverse entre o mar e a montaña nunha hora. É unha zona moi natural onde practicar deportes ao aire libre, á vez que gozar dunha gastronomía e tradicións propias. É moi semellante en costumes e forma de vida á Galiza, comunidade autónoma de Jorge 😊

En avión

Conta cun pequeno aeroporto chamado Aeropuerto de Asturias (OVD). Nel existen conexións diarias a multitude de cidades españolas e europeas. A 1 de setembro de 2024, estas son as conexións:

E as compañías: Volotea, Vueling Airlines, Ryanair, Lufthansa, Binter Canarias, Iberia.

Nun rango de dúas horas e media por estrada, tamén hai outros aeroportos como A Coruña (LCG), Santander (SDR) ou Bilbao (BIO), este último con abundantes rutas internacionais.

Desde o Aeroporto de Asturias a Xixón

Encóntrase a uns 40 minutos en coche de Xixón e a súa conexión coa cidade faise a través de:

En tren

Nas proximidades da estación de tren hai varias paradas de autobús urbano. Ademais, camiñando cara o centro de Xixón chégase en apenas 12 minutos a La Gota de Leche / Humedal, un dos puntos nucleares da cidade e por onde pasan buses en todas as direccións.

En autobús

A compañía ALSA ofrece conexións frecuentes con outras comunidades autónomas de España.

A estación de autobuses está moi céntrica, a apenas 2 minutos a pé de La Gota de Leche / Humedal, un dos puntos nucleares da cidade e por onde pasan buses en todas as direccións.

En coche

Xixón está comunicado co resto do norte de España (Galiza ao occidente, Cantabria ao oriente) pola Autovía do Cantábrico A-8 (libre de peaxe). Cara ao sur, a autovía AP-66 (con peaxe) comunica Asturies con León e o resto da meseta. Así que dependendo de por onde viñades, botádelle un ollo a Google Maps ou á Vía Michelin e, se vos xurdir algunha dúbida, comentádenos!